Potenciación do turismo con mellores comunicacións na Seara

A Deputación Provincial de Lugo financiou con 53.000 euros as obras de mellora da LU-P-5001 de Ponte Barreiro (LU-623) a Vilarbacú, na parroquia da Seara, concello de Quiroga.

Visita á estrada / Deputación Provincial de Lugo

As actuacións nesta estrada permitiron a renovación de 1,2 quilómetros do firme (entre os puntos quilométricos 7,8 ao 9.0), a renovación da sinalización horizontal e vertical e a limpeza de cunetas.

As obras benefician directamente a máis de 50 veciños de Quiroga,  dos núcleos da Seara, O Mazo, O Soldón, Vieiros e Vilarbacú. Estes lugares son algúns dos máis visitados do concello de Quiroga, pola riqueza paisaxística e natural como é o caso da fervenza de Vieiros ou polo valor etnogáfico e patrimonial de núcleos como A Seara.

Segundo o voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, “Con estas actuacións, dotamos de mellores comunicacións á parroquia da Seara, unha zona estratéxica para o turismo rural e o sendeirismo deste Concello da Ribeira da Sacra, xa que é un dos espazos emblemáticos do turismo rural no sur lucense. Ao seu atractivo aspecto de aldea típica da montaña, hai que engadir unha situación estratéxica que a converte no punto de partida de numerosas rutas de sendeirismo”, destacou.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here