Remata o ciclo das ‘andainas outonizas’

Esta orixinal iniciativa do concello e veciñas/os da Pobra do Brollón ten mañá domingo 2 de decembro a súa derradeira andaina.

Ponte Barxa de Lor / Concello da Pobra do Brollón

A experiencia tivo moi boa acollida e notable éxito de participación. Este domingo terá lugar a derradeira camiñada,  farase o tramo do Camiño de Inverno de Barxa de Lor a Cereixa.

A saída será ás 10.00 h. da mañá do restaurante O Fogón en Cereixa, onde un autobús levará aos camiñantes ao punto de inicio. Farase un percorrido liñal de 10 quilómetros.  A andaina, como as anteriores, ten un custe de 5 euros.

Seguirá o trazado do Camiño de Inverno ao seu paso polo concello da Pobra do Brollón, incluíndo unha parada no castro de San Lourenzo. Ao remate haberá un viño e pincho no Fogón.

Como remate ás andainas outonizas celebrarase un xantar no Fogón, a base dun entrante, churrasco, bebida, sobremesa e café.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here