IniciosociedadeD.O. Ribeira Sacra, un peche de ano de celebracións

D.O. Ribeira Sacra, un peche de ano de celebracións

Este venres 14 de decembro, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebrou o seu tradicional xantar de Nadal, cita que tradicionalmente se aproveita para entregar os galardóns ás adegas premiadas no Certame Internacional de Viños de Montaña celebrado o pasado xullo no Valle d'Aosta en Italia.

Publicado o

- Advertisement -

O Concurso Internacional “Mondial des Vins Extremes”, organizado polo CERVIM, chegou este ano á 26 edición. Trátase do concurso enolóxico máis importante para viños producidos en rexións de montaña, en territorios caracterizados polas dificultades estruturais e pola singularidade e personalidade dos seus viños.

Nesta edición contouse coa participación de 277 produtores de 19 países con 720 referencias. A Ribeira Sacra estivo representada con 58 viños, dos que 13 obtiveron galardón.

No acto de entrega, o presidente de la D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez destacou: “É un ano moi positivo no que a Denominación medrou en cantidade e en premios. A vendima foi moi boa e os viños están saindo con moi boa calidade, ademáis é un ano onde estreamos novos viños con novo prego de condicións. O futuro preséntase ben”. E engadiu, “a vitivinicultura é o principal motor económico non só polo que factura en si, senon porque este é o espolón que fai que as outras actividades se movan. É imprescindible seguir nesa liña e que todos traballen pensando nese formato porque o futuro da Ribeira Sacra está en manter a paisaxe entre todos.”

Os viños da Ribeira Sacra premiados foron:

CATEGORIA VIÑOS BRANCOS:

Medalla de Ouro  
ALMALARGA 2017 Alma das Donas –Pantón-
VIÑA VELLA 2017 S.A.T. Virxen dos Remedios –O Saviñao-
MAGA 2017 Karma do Sil S.L.U. –Monforte de Lemos-

Medalla de Prata 
VIÑA GAROÑA 2017  Adegas Viña Garoña S.L. –Chantada –
CONDADO DE SEQUEIRAS BRANCO 2017  Grupo Peago SL–Bilbao-

CATEGORÍA VIÑOS TINTOS:

Medalla de Ouro 

VIÑA MEZQUITA 2017  José Manuel Vidal López –Sober –
VIA ROMANA 2016 Adega Via Romana –Chantada-

Medalla de Prata
VAL DA LENDA
 2017 Victor Manuel Rodríguez López –Sober-
ESTRELA 2017 D´Fran, S.C. –Sober-
TEAR 2017 Adega Tear –Sober-
SABATELIVS 2017 Adegas e Viñedos Lareu S.L. –Chantada-

CATEGORIA VIÑOS TINTOS AÑADAS 2015 E ANTERIORES:

Medalla de Ouro
REGINA EXPRESION 
2014 Regina Viarum S.L –Sober-

Medalla de Prata  
ALMAMADRE 2015  Alma das Donas –Pantón-

 Guía de Viños Paadín 2019

Este domingo 16 de decembro preséntase na Aula de Cata de Servino na Coruña, a “Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2019″. A publicación é o resultado dun intenso traballo de cata e documentación que este ano recolle máis de 1.000 fichas de cata.

Cada ano as referencias catadas aumentan entre un 15 e un 25 % o que amosa o respaldo do sector a este traballo. A guía, da que se editan 2.000 exemplares anuais, naceu hai máis de 10 anos como un vademécum de todas as adegas de Galicia. A publicación é un referente no panorama vitivinícola nacional e internacional como acreditan galardóns como os Gourmand Awards, na Categoría de Premio Especial do Xurado como Mellor Libro de Bebidas do Mundo 2017 e Mellor Libro de Viño e Turismo de España 2013.

O autor da guía, Luis Paadín, destaca que cada ano se dá máis unha corrente de diferenciación baseada no viñedo e menos nas prácticas enolóxicas. Da D.O. Ribeira Sacra referéncianse todas as adegas amparadas con 151 viños de 54 adegas con medalla, 16 gran ouro, 105 ouro e 30 prata.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...