Iniciosociedade70.000 euros para mellorar 5 centros de ensino en Lemos e Chantada

70.000 euros para mellorar 5 centros de ensino en Lemos e Chantada

Os traballos están en fase de contratación e executaranse ao longo dos vindeiros meses, para telos rematados antes de que acabe o curso.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional fará melloras no CEIP de Currelos, no Saviñao, onde se farán reformas nalgunhas aulas e aseos. No CEIP  Plurilingüe Virxe do Carme de Sober vanse ampliar o comedor e o almacén, ademais de realizar reformas na instalación eléctrica. No CEIP da Pobra do Brollón acondicionarase a aula de informática, e no CEIP Eloísa Rivadulla de Chantada unha soleira de formigón para o parque infantil. No centro de secundaria, IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos reformaranse as ventás.

Durante este ano tamén se realizaron reformas no CEIP  Plurilingüe  de Monforte de Lemos e no Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Xoán de Requeixo, en Chantada, por importe global de 42.000 euros.

Esixen solucións para a LU 636 de Becerreá a Sarria

E mentres a Xunta anuncia as melloras en centros de ensino das comarcas de Lemos e Chantada, os socialistas reclámanlle que se mellore unha estrada fundamental para a comarca de Sarria. Segundo o PSOE de Becerreá é necesario mellorar a LU-636 que vai de Becerreá a Sarria por Vilaesteba. A voceira socialista destaca “trátase dun treito de 15 quilómetros con moitas curvas, que presenta un pavimento totalmente deteriorado, poñendo en perigo a seguridade dos centos de usuarios que a utilizan diariamente.” Trátase ademais dunha vía fundamental para a comarca ao conectar o Concello da Montaña, Becerreá, co de Sarria, ademais de ser a saída máis próxima que teñen os sarrianos para coller a autovía A-6 dirección Madrid.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...