IniciosociedadeFotografías de premio no Museo do Ferrocarril de Galicia

Fotografías de premio no Museo do Ferrocarril de Galicia

Acolle  a exposición de fotografías gañadoras da terceira edición do concurso de fotografía 'Enxeñería Industrial na sociedade'.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na inauguración da exposición, que ao igual que o certame está promovida pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia en colaboración co Colexio Oficial do sector.

Balseiro explicou que a mostra “pon o foco no patrimonio industrial, que contribúe a configurar o territorio” e invita a “atopar a beleza en construcións de enxeñería concibidas  para ser útiles, rendibles, eficaces”.

A Consellería de Cultura e Turismo colabora con esta exposición itinerante, que xa estivo na Delegación Territorial da Xunta en Lugo e permanecerá no Muferga ata o vindeiro mes de abril. Conforman a mostra 30 fotografías que teñen por obxectivo poñer en valor o  importante papel deste colectivo profesional na sociedade e mostrar o abano de atribucións e competencias relacionadas co sector.

En concreto, son as 25 fotografías máis votadas nas redes sociais do Colexio Oficial, máis 5 fotografías rescatadas polo xurado de entre o resto das que se presentaron ao concurso

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...