Cata urbana en Taboada este Nadal

ENONATUR organiza en Taboada unha cata urbana de viños singulares elaborados na Ribeira Sacra baixo o título ‘Urban tasting in Taboada of singular wines from Ribeira Sacra with ENONATUR Roberto Regal's wines’.

Análise sensorial viño / Lavinia.es

Entre o 21 de decembro e o 13 de xaneiro desenvolverase en Taboada unha cata urbana de 11 viños da Ribeira Sacra en 11 locais de hostalería desta localidade. A iniciativa consiste na cata de viños exclusivos, de moi pequena produción que se poden degustar a calquera hora do día relacionándose cos veciños, bos coñecedores da idiosincrasia vitivinícola da Ribeira Sacra.

Cataranse ‘viños singulares ou de parcela’ de fincas dos concellos de Taboada, Chantada e O Saviñao; de cultivo sostible; biodinámico ou ecolóxico. Todos eles son creacións de ENONATUR, proxecto que dirixe o recoñecido enólogo Roberto Regal e que non se poden probar facilmente en Galicia.

Poderanse degustar, a un prezo estándar de 2,60 €, viños como LAGAR DO VENTO 2017, mellor Ribeira Sacra tinto xove 2017; GAELA OS QUEIXEIROS, 2 veces medalla de ouro Gran Patrimonio, NOMAD FINCA AS CARNEIRAS 2015, da colección persoal do viñador italiano Giuseppe Egitto ou pezas da colección Neno da Ponte como NENO DA PONTE ‐ FINCA SAMPAIO, entre outros.

Enonatur e o sector hostaleiro de Taboada teñen como obxectivo, con esta iniciativa, poñer en valor os recursos do rural galego ao tempo que se convirten nun polo de atracción para a recepción de visitantes nestas datas.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here