IniciosociedadeComarca de Courel, o nome importa

Comarca de Courel, o nome importa

O pleno do concello de Folgoso do Courel aproba por unanimidade solicitarlle á Xunta o cambio de nome de comarca de Quiroga por comarca do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

A iniciativa presentada por C@urel Vivo e da que demos conta en Xornal de Lemos, contou co apoio de todos os partidos, aínda que nun primeiro momento o PSOE íase abster. O equipo de goberno votou a favor e fixo unha emenda na que pedía mandar aviso da solicitude e do acordo plenario ao resto dos concellos afectados, Ribas de Sil e Quiroga. A emenda foi aceptada por C@urel Vivo.

Para esta formación é importante que a comarca leve o nome do Courel por ser o nome da serra e porque xa o xeoparque Montañas do Courel se chama así co acordo dos tres concellos. Para C@urel Vivo esta denominación repercutiría positivamente, como nome de marca, a nivel turístico e para a promoción dos produtos da comarca. 

Agardan desde C@urel Vivo que Quiroga e Ribas de Sil acepten o cambio, convencidos de que gañarán todos, “agardamos que estes concellos teñan altura de miras e lles pareza ben porque gañamos todas/os adquirindo o nome dunha das Serras máis importantes e coñecidas de Galicia (Serra do Courel). Axudando tamén a unificar nomes como o do Xeoparque Montañas do Courel, no que estamos implicados os 3 Concellos. “

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...