IniciosociedadeSarria e A Pobra do Brollón estrean estradas

Sarria e A Pobra do Brollón estrean estradas

No concello de Sarria a Deputación Provincial investiu 173.000 euros e na Pobra do Brollón 373.000 euros, beneficiando a un milleiro de veciños entre os dous concellos

Publicado o

- Advertisement -

No concello de Sarria mellorouse a LU-P-5602 de Sarria a Samos, polo núcleo de Pintín, vía de entrada a Sarria do Camiño de Santiago. Actuouse nun treito de 3,6 quilómetros, entre os puntos quilométricos 11,8 e 15,4. Esta estrada é vía de conexión intermunicipal entre Samos e Sarria, atravesando as parroquias de Calvor, Aguiada e San Mamede do Camiño. Ademais dos veciños da zona, por aquí pasan diariamente centos de peregrinos do Camiño Francés a Santiago procedentes de Samos.

Na Pobra do Brollón rehabilitáronse accesos a 12 núcleos rurais, Vilachá, Salvadur, A Eirexa, Salgueiros, Piño, Veiga, Santa de Rei, Santo Adrián, Fondorallo, Salcedo, Martul e Castroncelos. En concreto, executáronse traballos na LU-P-4702, que vai de Vilachá por Rozavales a Monforte, na que se actuou entre os puntos quilométricos 0 e o 1,2; a LU-P-4703, que vai da LU-652 a Santalla de Rei a LU-653, entre os puntos 4,6 e 6,8; a LU-P-4707, que vai da Pobra do Brollón por Saa, a Veneira de Roques, entre os puntos quilométricos 1 e 2,8; e na LU-P-4710 da LU-P-4701 Salcedo á Estación da Pobra do Brollón (LU-933), entre os puntos 2,2 e 4,8.

Tanto en Sarria como na Pobra do Brollón, os traballos consistiron na limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente, renovación da sinalización vertical e repintado da sinalización horizontal.

ÚLTIMAS

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...

“A nai que me pariu!” campaña do CCU de Sarria polo Día da Nai

¡A nai que me pariu! é o nome da campaña do Centro Comercial Urbano de...