IniciosociedadeUn plan para o patrimonio inmaterial da Ribeira Sacra a cambio da...

Un plan para o patrimonio inmaterial da Ribeira Sacra a cambio da tirolina

En Marea propón destinar os 600.000 euros do proxecto da tirolina a un plan de recuperación e conservación do Patrimonio Inmaterial da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

Ante a incertidume sobre a probable incompatibilidade do proxecto de tirolina coa condición de BIC da Ribeira Sacra e coa candidatura a Patrimonio da Humanidade, En Marea propón ás Deputacións de Lugo e Ourense unha opción que consideran compatible, sostible, dinamizadora dos valores da zona e xeradora de postos de traballo.

Apuntan, desde En Marea, que a elaboración do Plan suporía a contratación anual de persoas profesionais destinadas ao traballo de documentación e deseño de plans de conservación dos elementos da cultura tradicional.

Cren que o Plan debería conter un apoio aos oficios tradicionais, como a olería; a creación dalgún novo museo ou centro de interpretación; unha liña específica de apoio ás festividades tradicionais singulares, como o Oso de Salcedo (na Pobra do Brollón), ou Entroido Ribeirao (en Chantada).

En Marea aposta porque dito plan sexa coordinado en cooperación entre Concellos, Deputacións e entidades como o Consello Regulador da D.O. ou o Consorcio de Turismo, con apoio da Xunta.

Olería de Gundivós/XdL

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...