CCOO confía en que se reduza a incidencia da silicose coa redución do po de sílice en orixe

Segundo os datos do sindicato, cada vez son máis os traballadores que enferman de silicose nas canteiras galegas a unha idade máis nova.

merckmanuals.com

A Secretaría de Acción Sindical de CCOO aplaude a decisión da Xunta de axudar ao sector mineiro da pizarra. A Xunta deu subvencións ás canteiras da comarca de Quiroga para melloras técnicas que reduzan en orixe o po de sílice; medida que segundo o sindicato supón investir en saúde.

Segundo CCOO, as condicións dos mineiros da pizarra son moi duras tanto nas naves como nas canteiras e cada vez a incidencia da silicose dáse en traballadores máis novos, polo que o sindicato asegura que envía a recoñecemento médico a todos os mineiros que  o solicitan.

Consideran que estas axudas da Administración Autonómica benefician a todos os traballadores e axudan a fixar poboación nun sector clave, din, para Quiroga e O Courel. Desde CCOO amósanse convencidos de que a eliminación do po en orixe reducirá os casos de silicose en menores de 55 anos.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here