As alegaciones ao BIC Ribeira Sacra foron “mínimas”, di a Xunta

Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade e o Xeoparque Montañas do Courel porían á zona sur de Lugo no mapa mundial e converterían a comarca nun verdadeiro foco de atracción turística. 

Vendima D.O. Ribeira Sacra / Concello de Sober

EFE. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, afirmou que a declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural por parte do goberno galego é, sen dúbida, “un paso importante” para chegar a alcanzar a declaración desta comarca como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.

Balseiro opina que por parte da Xunta de Galicia estanse “facendo as cousas ben”, dado que é o goberno galego o que leva o peso desta candidatura, cunha “pequena colaboración” por parte das deputacións de Lugo e Ourense, e “as alegacións” á declaración da Ribeira Sacra como BIC “foron mínimas”.

Segundo Balseiro, a Ribeira Sacra “merece” esa declaración, polo que confía en que a candidatura, que previsiblemente será avaliada no 2021, poida conseguilo, dado que lle daría “unha proxección importante” a toda a zona. Lembrou, que nestes momentos, tamén está en marcha a candidatura a Xeoparque Mundial, na que están traballando os municipios de Quiroga, Courel e Ribas de Sil. De chegar a bo porto esa candidatura, sería o primeiro xeoparque “do noroeste peninsular e o número dezanove en toda España”.

Por iso, fixo un chamamento “a todas as administracións” a arrimar o ombreiro para sacar adiante dous proxectos que poden poñer á zona sur de Lugo “no mapa mundial” e converter a esta comarca nun verdadeiro foco de atracción turística. 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here