IniciosociedadeAdif licita as obras de reparación de 23 pontes do tramo Monforte...

Adif licita as obras de reparación de 23 pontes do tramo Monforte de Lemos-Ourense

O orzamento de licitación é de 1.495.636,41 euros e conta cun prazo de execución de 18 meses.

Publicado o

- Advertisement -

As actuacións que vén de licitar Adif, súmanse ás de supresión de 36 pasos a nivel no mesmo tramo e á electrificación do traxecto Monforte-Lugo. As obras obxecto desta licitación buscan optimizar as condicións de explotación comercial do traxecto no que respecta á seguridade, o confort e os tempos de viaxe. Os traballos a realizar están asociados, detalla Fomento, “ás condicións e futuros parámetros de explotación en alta velocidade que se expoñen para o traxecto Ourense-Monforte de Lemos-Lugo”.

En canto á supresión dos 36 pasos a nivel, en outubro adxudicábase a redacción do proxecto por un importe global de 1.816.991,53. En fase de redacción están os proxectos de electrificación do tramo de 17 quilometros Monforte-Lugo. “Deste xeito, conseguirase un incremento na potencia de tracción das circulacións ferroviarias e, xa que logo, a redución dos tempos de viaxe entre Ourense e Lugo”, indican desde Fomento.

O Ministerio engade que se atopa en fase de licitación tamén, a subministración e transporte de máis de 500.000 toneladas de balasto para a renovación do tramo Ourense-Monforte-Lugo.

ÚLTIMAS

Unha apertura de portas nun encoro pon en perigo a dous pescadores en Carballedo

Os pescadores puideron saír polos seus propios medios despois de pedir axuda ao 112...

Primeira xuntanza sobre “Comunidades de Montes Veciñais e en Man Común, Montes de Saberes”, o 24 de abril ás 16:30 no auditorio de Escairón

A actividade enmárcase no proxecto Comunidades Rurais Sostibles desenvolvido por Acción contra a Fame...

Os libros protagonizan varias actividades en Bóveda

O programa Ler Conta Moito trouxo este martes ata o Centro Sociocultural de Bóveda...

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...