O BNG de Monforte leva a pleno a posta en produción da finca do Pazo de Tor

Os terreos anexos ao Pazo pertencen á Deputación Provincial e os nacionalistas  solicitan que os xestione o concello ou unha entidade de interese social.

Pazo de Tor / Concello de Monforte

No pleno deste luns, día 28, no concello de Monforte, tratarase unha iniciativa do BNG para o aproveitamento e posta en produción da finca do Pazo de Tor. Os nacionalistas consideran que estas “terras produtivas e perfectamente aproveitables” amosan unha situación de abandono, cheas de toxos, xestas e malezas e convertidas en focos de incendios entre.

Na moción, os nacionalistas pídenlle ao equipo de Goberno que faga as xestións oportunas para poñer estas terras en produción de xeito urxente, a través dunha xestión directa ou como cesión a outra entidade.

Desde o BNG, Emilio J. Sánchez, afirma que a Asociación Prodeme lle amosou o seu interese para o aproveitamento dos terreos, e considera que este sería un xeito de poñelas en produción ó tempo que se fai unha importante labor social.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here