Ata 1.000 euros para o primeiro premio en comparsas locais no desfile de Monforte

Aberto o prazo para inscribirse nos concursos de Entroido en Monforte. Haberá concursos por xoves de compadres e comadres e para o Martes de Entroido

Desfile de entroido en Monforte (arquivo) Foto: XMF

A primeira cita do Entroido monfortino será o 21 de febreiro co xoves de compadres e unha semana despois, o xoves de comadres. Para estes concursos a concellería de Cultura establece tres convocatorias, para os centros de ensino, para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual.

Compadres e comadres en Monforte (arquivo). Foto: XMF

Valorarase a orixinalidade dos materiais empregados, a montaxe, o interese etnográfico e a crítica social. A posta en escena e a utilización de música en vivo tamén se terán en conta. Establécense os seguintes premios:

  • Premio á etnografía – 100 euros
  • Premio á crítica social – 100 euros

Individuais                                    Colectivos      

  • 1º premio – 65 euros                  1º premio – 95 euros
  • 2º premio – 35 euros                  2º premio – 65 euros
  • Accésit – 18 euros                     Accésit – 30 euros

As solicitudes para inscribirse no concurso do xoves de compadres terán que presentaranse no Rexistro Xeral do Concello antes do 20 de febreiro ás 14 horas. No caso do xoves de comadres o último día para inscribirse é o 27 de febreiro.

No caso do martes de Entroido, día grande do Entroido en Monforte, que terá lugar o 5 de marzo, establécense dúas modalidades, para as comparsas e disfraces de Monforte e outra para os que sexan de fóra da cidade. A diferenza estará na contía dos premios, e o primeiro premio para as comparsas de máis de 90 compoñentes de Monforte é de 1.000 euros, 350 euros no caso das de fóra.

premios comparsas e disfraces de monforte

Comparsas de máis de 90 compoñentes

  1. 1.000,00 €
  2.    650,00 €
  3.    450,00 €

Comparsas entre 51 e 90 compoñentes

  1. 450,00 €
  2. 300,00 €
  3. 180,00 €

Comparsas entre 25 e 50 compoñentes

  1. 350,00 €
  2. 200,00 €
  3. 150,00 €

Individual Adultos de 1 a 3 compoñentes

  1. 100,00 €
  2.  75,00 €
  3.  50,00 €
Ademais, haberá premios de 100 euros para a mellor comparsa tradicional, para a mellor posta en escea e a mellor música en vivo, mellor humor e mellor crítica de actualidade. Os premios complétanse coa categoría infantil, acéssits e tres premios ás carrozas de 300, 150 e 90 euros. O xurado cualificará as comparsas na propia Praza da Estación entre 16:00 a 17:00 horas, o día do desfile, mentres que os disfraces individuais deberán concentrarse nese punto da cidade ás 16:30 horas. Para estes concursos, as inscricións debende facerse antes do 1 de marzo.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here