20 anos do Camiño de Inverno

A Asociaciación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra cumple o seu 20 aniversario e faino cunha ampla programación de cara a celebrar 20 anos traballando polo Camiño de Inverno.

Peregrinos no Camiño de Inverno / XdL

Este domingo, día 27 de xaneiro, homenaxe aos socios falecidos o pasado ano. Pola mañá fixeron unha ruta e tiveron misa con ofrenda floral na igrexa de San Miguel Montefurado, seguida de xantar. Ás 16.00 celebrarán asamblea xeral de socios.

Dentro das peregrinacións polo Camiño de Inverno tiveron a primeira andaina o día 10 de xaneiro; o 24 de febreiro farán o treito Puente Domingo Flórez – A Rúa, con visita ás Ermitas. O 10 de marzo visitarán o Museo Arqueolóxico de Quiroga, despois de facer o treito Montefurado – Quiroga. Tamén en marzo, o 24 farase a etapa Quiroga – A Pobra do Brollón, con visita á Casa do Repil.

O 7 de abril farán a etapa O Reguengo – Chantada, con visita á igrexa de Santa María de Nogueira. O 28 de abril coa etapa Chantada – Rodeiro, visitarán o Pazo-igrexa de Camba. Xa o 27 de outubro visitarán o Museo Municipal Ramón María Aller, despois de facer a etapa Rodeiro – Lalín.

Lalín – Ponte Ulla será a cita do 10 de novembro con visita ao Pazo de Santa Cruz de Rivadulla e o remate a estas peregrinacións farase o 24 de novembro coa etapa final de Ponte Ulla a Santiago, para rematar con visita ao Pórtico da Gloria.

Peregrinos polo Camiño de Inverno / Asoc. Camiño de Inverno

Outra cita importante deste ano para a Asociación será a Feira Medieval de Monforte co III Ano de Peregrinos Medievais, o 20 e 21 de abril e xa o 26 de abril será un dos días centrais dsd actividades deste 20 aniversario, coa celebración de diferentes actos.

Na primeira fin de semana de maio celebrarase o II Desafío polo Camiño de Inverno. E tamén en maio, entre o 17 e o 19 farán o Camiño Portugués desde Oporto, seguirán os días 1 e 2 de xuño con visita a Braga e Barcelos e os días 16 e 16 e 22 e 23 con visita a Ponte da Lima e Viana do Castelo.

A  programación deste 2019 completarase cunha viaxe en xullo aos Países Baixos e en outubro o Camiño Francés por León e a IV Andaina Escolar polo Camiño de Inverno. Entre o 13 e o 15 de setembro celebrarase o XVI Congreso do Camiño de Inverno en Monforte: 20 anos traballando pola recuperación do Camiño de Inverno a Santiago. Ao longo de 3 días sucenderanse as conferencias, andainas e visitas ao patrimonio de Monforte e a Ribeira Sacra. O 30 de novembro a Asociación celebrará a súa tradicional cea solidaria.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here