IniciosociedadeObradoiros de alfabetización dixital en Sarria

Obradoiros de alfabetización dixital en Sarria

A aula da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) de Sarria impartirá dúas formacións a partir do mes de febreiro.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sarria, coa intención de reducir a fenda dixital de acceso ás novas tecnoloxías da información e a comunicación dos seus veciños e veciñas, poñerá a andar a partir de febreiro dúas formacións na Aula CeMIT.

Un obradoiro de Iniciación á Informática e a Internet, dirixido a persoas sen coñecementos que queiran familiarizarse coa ofimática e achegarse ás posibilidades da Rede. Este curso terá un horario de 11:00 a 12:45 h. e realizarase os martes e xoves desde o 2 de febreiro ata o 28 de marzo.

Un curso de procesador de textos LibreOffice Writer dirixido a persoas sen coñecementos ou con coñecementos básicos destas ferramentas. O curso comeza o 4 de febreiro e remata o 28 de febreiro;  farase os luns, xoves e venres de 17:00 a 18:45 h.

As usuarias e usuarios da rede CeMIT interesadas/os poden apuntarse nalgún destes cursos a partir das 11:00 h. da mañá na aula CeMIT do Concello de Sarria ou a través da páxina web da Rede CeMIT (cemit.xunta.gal).

Ademais do anterior, hai unha nova convocatoria do curso de teleformación titorizado de preparación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX). As persoas interesadas poden inscribirse antes do 29 de xaneiro e buscar máis información na páxina web da rede CeMIT ( cemit.xunta.gal).

A aula ten un horario de uso libre dos equipos en horario de  mañá os luns, mércores e venres de 10:30 a 13:30 horas e os martes e xoves de 12:45 a 13:30 h. En horario de  tarde todos os días de 16:00 a 17:00 h.  Para inscribirse ou para solicitar máis información, poden dirixirse á Aula CeMIT de Sarria, sita na planta baixa da Casa da Cultura (Rúa Marqués de Ugena, s/n).

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...