InicioComarca de SarriaOs tres colombianos explotados nunha granxa de Sarria xa están "totalmente integrados"

Os tres colombianos explotados nunha granxa de Sarria xa están “totalmente integrados”

O avogado insiste en que viviran en condicións "miserables", pero celebra que xa obtiveran o permiso de residencia e que estean "facendo a súa vida" con normalidade

Publicado o

- Advertisement -

Os tres homes de nacionalidade colombiana supostamente explotados laboralmente e presuntas vítimas dun delito de trata de seres humanos nunha granxa de porcos en Sarria  xa teñen os papeis que lles permiten residir en España e están “totalmente integrados”.

Así o confirmou o avogado de dous destes homes, Ángel Vellé, que asegura que refixeron a súa vida na cidade de Lugo. “Están aquí traballando, totalmente integrados”, abundou. “Un deles xa estivera aquí e continúa coa súa vida en Lugo”, puntualizou.

Vellé constata que agora “esperan a que acabe pronto este procedemento”, que leva un xulgado de Sarria desde que hai case un ano, despois de que en marzo de 2018 se formulase a denuncia ante a Brigada de Estranxeiría da Comisaría de Lugo.

Os tres xa contan con “permiso de residencia, están aquí perfectamente como calquera outro cidadán, facendo a súa vida e integrados na sociedade”, resumiu o avogado lucense.

Segundo o relato das presuntas vítimas, viviron en condicións “miserables” entre “ratas e desperdicios”, sen “auga quente e durmindo nun catre que era unha espuma de ferros na cociña, con xornadas laborais de once e doce horas cun só día de descanso”.

A presunta explotadora non se puxo en “contacto” en ningún momento coas tres vítimas. “Non pediu desculpas, nin se produciu ningún tipo de comunicación”, asegurou o letrado.

En canto ao proceso xudicial, Ángel Velle indicou que apenas hai “novidades”. Advirte que, “polo de pronto”, a empresaria podería ser procesada  “por un presunto delito contra os dereitos dos traballadores e outro de trata de seres humanos”.

ÚLTIMAS

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...