IniciosociedadeOs barrica de Ribeira Sacra sorprenden en Enofusión

Os barrica de Ribeira Sacra sorprenden en Enofusión

A D.O. Ribeira Sacra comeza o ano promocionando os seus viños en Fitur e Enofusión, a seguinte cita, do 6 ao 10 de febreiro, en Xantar.

Publicado o

- Advertisement -

Máis de 60 persoas participaron na presentación e cata “O sabor dunha paisaxe”, na que intreviron opresidente da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, Ruth Fernández Vidal, técnica do C.R.D.O.R.S. e a prestixiosa enóloga Isabel Mijares, licenciada en Ciencias Químicas en Madrid e en Enología en Francia cun Master en Enología pola Universidade de Burdeos e diplomada en Análise Sensorial de Viños e Alimentos, que se encargou de dirixir e comentar a cata.

Participaron sumilleres, enólogos, restauradores, distribuidores, xornalistas especializados en gastronomía e viños e responsables de compras; que puideron degustar a través dunha selección de 7 viños, todo o que é capaz de ofrecer esta D.O.

Xornalistas xaponeses ou o propio presidente dos Grandes Viños de Burdeos que asistiron á cata, mostráronse sorprendidos ao descubrir as posibilidades que ten unha variedade como a Mencía, asociada tradicionalmente a viños novos, pero que xa consideran unha variedade que ten moito que dicir na súa elaboración en barrica.

Viños R.S participantes en Enofusión / CRDORS

Despois de participar tamén en Fitur, onde se defendeu a candidatura de Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da Humanidade, a seguinte cita será Xantar en Ourense do 6 ao 10 de febreiro.

ÚLTIMAS

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...

Completa fin de semana do Quixós en Portugal

O sábado 20 de abril competían en augas portuguesas, na II Copa Promoción Slalom,...