A Festa do Caldo de Ósos xa ten cartel

A XXVIII edición desta festa gastronómica invernal no Concello de Taboada quenta motores a un mes vista da súa celebración.

Cartel XXVIII Festa do Caldo de Ósos. Fonte: Concello de Taboada

A convocatoria para participar no deseño da imaxe representativa da Festa do Caldo de Ósos tivo un notable éxito destacando a alta calidade dos traballos presentados.

O gañador foi Jon González Arroyo cun cartel moi chamativo no que un porco saltando nunha pota é o protagonista. De fondo o caldo de ósos que tan ben cociñan en Taboada e unha tipografía, informal pero resultona, que informa da edición da festa, o lugar e a data de celebración.

O Concello de Taboada deu a coñecer o cartel este xoves e informa ademais que se abre a inscripción para a reserva de stans daqueles que queiran participar na feira ata o dia 27 de febreiro.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here