IniciosociedadeSelección de colleiteiros e programa en marcha para a Feira do Viño...

Selección de colleiteiros e programa en marcha para a Feira do Viño de Quiroga

O evento de exaltación dos viños caseiros do Concello de Quiroga terá lugar os días 20 e 21 de abril. A organización informou das condicións para os colleiteiros que queiran participar e empeza a deseñar o programa festivo.

Publicado o

- Advertisement -

Primeiras reunións da comisión organizativa para decidir as condicións mínimas esixidas aos viticultores interesados en participar e primeiras ideas para confeccionar o programa de actividades da XXXVII edición da Feira do Viño de Quiroga.

Na primeira xuntanza marcouse o prazo que terán para anotarse os colleiteiros que queiran participar e os requisitos esixidos relacionados cos seus caldos como son a graduación, o nivel de acidez ou as cantidades de viño elaborado artesanalmente para poñer a disposición do evento. En canto ao prazo, os viticultores interesados deberán inscribirse na Casa do Concello antes do día 19 de febreiro, fixándose un número máximo de doce colleiteiros para participar nesta edición.

As condicións ou requisitos que deberán de cumprir os viños será unha graduación alcohólica mínima de 12º para o viño branco e de 11,5º para o viño tinto. A acidez volátil máxima terá que ser de 0,5 gr. acético/l. para o viño branco e de 0,6 gr. acético/l. para o viño tinto.

Para poder participar na mostra con stand propio fixouse unha cantidade mínima de 200 botellas de viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar os días da feira, e outra cantidade igual ou superior na adega.

O colleiteiro que, reunidas as condicións anteriores, teña seleccionado o seu viño para participar na feira debe aboar a cantidade de 100 euros e pasar un último filtro de calidade. Debe entregar mostras do viño inscrito que deberán superar dúas probas, unha análise organoléptica e unha cata popular polos membros da Confraría do Viño de Quiroga.

En canto ao deseño do programa, e sabendo que a estrutura de cartel non varía moito de ano a ano, está decidido xa que se celebrará na semana grande da feira o concurso de petiscos, o “Quiroga de Tapas” e a “Carreira Popular”. E non fallará tampouco este ano o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, chegando este ano á súa IV edición.

E non pregunten pola elección do pregoeiro ou da pregoeira porque este tema agardará en suspense ata as últimas semanas. A non ser que haxa sorpresa de última hora, o escollido ou escollida será alguén da farándula televisiva.

 

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...