IniciosociedadeCo Entroido estará en marcha a nova iluminación pública do aparcadoiro do...

Co Entroido estará en marcha a nova iluminación pública do aparcadoiro do Parque dos Condes en Monforte

Estas e outras actuacións desenvoltas polo Concello pretenden aumentar o rendemento lumínico das diferentes instalacións sen incrementar o consumo.

Publicado o

- Advertisement -

A obra, que executa no aparcadoiro do Parque dos Condes, a empresa Raúl e Hijos, consiste na instalación dun novo cadro de mando, na substitución das luminarias e dos apoios que se atopan en mal estado, e na instalación de 16 columnas metálicas de 12 metros, coa canalización e cableado xeral da instalación.

Utilizaranse luminarias de Clase I tipo LED DIGISTREET BGP762 LED220‐4S/740 I DM50 SRG10 LS‐6, e un sistema que favorecerá o aforro económico, enerxético e de emisións de gases de efecto invernadoiro(CO2). A previsión é que as melloras poidan estar rematadas antes do Entroido.

Desde o Concello aseguran que así se solventarán as deficiencias de iluminación dun dos principais aparcadoiros da cidade. Apuntan que recuperar e mellorar a iluminación de Monforte é unha prioridade deste Goberno e, a este respecto, mellorouse a iluminación de máis dunha trintena de rúas e xa hai máis de 200 puntos de luz nas parroquias.

Visita ás obras / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...