IniciosociedadeProxecto Cenx100, as vivencias de 100 centenarios galegos

Proxecto Cenx100, as vivencias de 100 centenarios galegos

A iniciativa da Asociación Sociocultural ASCM, con sede en Ferrol, conta coa colaboración da Consellería de Política Social. O resultado, un libro coas experiencias vitais de 100 centenarios galegos e coa visión fotográfica do artista Manuel Patinha.

Publicado o

- Advertisement -

Este mércores, 6 de febreiro ás 12 da mañá, a ASCM entrega a centenarios de Sober e familiares, exemplares do libro resultado do proxecto CENX100, do que son protagonistas. O acto terá lugar na Residencia Nosa Sra. do Carme ás 12.00 h, con entrada libre e de balde ata completar aforo.

O proxecto arrincou a medidos do pasado ano, cun traballo moi laborioso, sobre todo na fase de investigación. A Asociación promotora, ASCM, fixo un chamamento a través das redes sociais para localizar a persoas con familiares centenarios. Unha vez que foron obtendo resultados, “víronse as localizacións das persoas centenarias que ían aparecendo, elaborouse un modelo de entrevista, para poder achegarse aos fogares e coñecer aos protagonistas”, cóntanos Elba De La Barrera, Responsable de Comunicación da ASCM.

CENX100

Aquí comeza a materializarse o proxecto, visitan aos 100 protagonistas, entrevístanos, fotografíanos, grábanos,… edítase a publicación e comeza a presentarse e promocionarse. O libro recolle as vivencias de 100 centarios galegos esparexidos por toda a comunidade. “Son patrimonio activo da nosa comunidade e presentan realidades moi diversas; un señor de Sober, precisamente, que ten máis de 100 anos e toca o acordeón, vaino tocar na presentación; noutro concello, un home que quere seguir en activo e polas mañás escapaba para a que fora a súa vivenda; experiencias da Guerra Civil,… pero as historias son motivadoras, dan ganas de vivir pola positividade e optimismo que teñen moitos”, afirma Elba. Hai xente impedida e encamada, “pero todos nos abriron as súas portas, sempre cun sorriso, foi moi bonito,” comenta.

A publicación conta con fotografías do artista, Manuel Patinha, que traballou as imaxes en branco e negro para ilustrar as historias. Historias para as que moitas veces os familiares actuaban como intérpretes para solventar os problemas de sordeira dos entrevistados. A Elba De La Barrera soprendeulle constantar que, dun modo moi radical, efectivamente, a esperanza de vida era maior nas mulleres, “as mulleres gañan por goleada ao chegar aos 100”. Se pasados os 100 as mulleres son maioría; por provincias, a de Lugo é a que conta con máis centenerarios protagonistas nesta publicación.

CENX100

A presentación deste mércores en Sober é a quinta presentación oficial dun libro que se quere achegar a todos os participantes no proxecto. Despois de presentarse en Santiago de Compostela, Ferrol, Noia, Tui e Sober, as presentación seguirán en Viveiro e O Carballiño. O obxectivo era que todos os protagonistas se puidesen ver na publicación, como lle aconteceu a “Laureano de Pontevedra, que dixo que xa podía morrer tranquilo ao ser unha persoa famosa que aparecía nun libro”, comenta Elba. O certo é que nesta idades, uns meses poden ser moito, e houbo persoas que non chegaron a tempo para poder verse.

O libro, nesta primeira edición, non está á venda, entrégaselles aos protagonistas, pero a boa resposta da xente xa fai pensar nunha exposición itinerante co traballo de Manuel Patinha e nunha segunda edición para o público en xeral.

Entre tanto, para achegarse ao que foi esta experiencia, a ASCM con cunha canle de Youtube con vídeos sobre as entrevistas.

ÚLTIMAS

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...

CSIF Lugo pide ao concello de Monforte que cumpra a lei e recoñeza aos seus traballadores os dous días de asuntos propios pendentes do...

CSIF lembra que o concello está obrigado a recoñecer este dereito dos seus empregados...