IniciosociedadeO exconselleiro taboadés, Víctor Vázquez Portomeñe, Comensal de Honra Álvaro Cunqueiro

O exconselleiro taboadés, Víctor Vázquez Portomeñe, Comensal de Honra Álvaro Cunqueiro

A confraría galaico-asturiana Gastrónomos del Yumay organiza os premios que se entregarás o día 11 de febreiro en Avilés, neste caso un dos premiados é o exconselleiro de Taboada, Víctor Vázquez Portomeñe.

Publicado o

- Advertisement -

O recoñecemento, Comensal de Honra Álvaro Cunqueiro, premia, nesta ocasión, a quen foi un dos promotores do Xacobeo e impulsor da auxe dos Camiños de Santiago, hoxe Patrimonio da Humanidade. A figura de Vázquez Portomeñe, conselleiro co PP, será glosada por Xesús Palmou, tamén ex conselleiro da Xunta e actual presidente da Academia Xacobea.

O colectivo tamén ten previsto outorgar a condición de comensal de honra a Vicente Bravo, coronel de Infantería e delegado de defensa en Asturias, e o Dr. Miguel Pocoví, catedrático de bioquímica da Universidade de Zaragoza.

Os Gastrónomos do Yumay xa premiaron en anteriores edicións a varios lucenses como o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez ou a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, entre outros.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...