Concentración todos os martes ás 12 na entrada do Hospital de Monforte

Os sindicatos convocantes da pasada folga (CCOO, UGT, PROSAGAP E CIG-SAÚDE) no hospital comarcal de Monforte queren denunciar a desidia e o abandono do Xerente deste hospital e convocan manifestación para todos os martes ás 12.00 da mañá.

Folga Hospital arquivo / En Marea

Explican desde os sindicatos que solicitada reunión coa Xerencia o xoves día 31 de xaneiro, son convocados para este mércores día 6 de febreiro e aseguran que hoxe, unha hora antes desta reunión, se lles remite un correo comunicando a suspensión por motivos de axenda e establecendo unha nova cita para o luns día 11.

Para os convocantes é unha total falta de respeto que se suspenda unha reunión solicitada hai 5 días, unha hora antes de producirse, e engaden  que aínda lles parece peor tardar outros 5 días en volver a citalos, tendo en conta os graves asuntos a tratar.

Os sindidatos lembran que non se están cumprindo os acordos de fin de folga, que eran:

  • Contratación dunha TCAE a maiores para reforzar as plantas cando sexa necesario.
  • Contratación do celador durante os tres días de máxima actividade en ciruxía.
  • Contratación do prometido especialista de dixestivo.
  • Solucionar a marcha dun médico rehabilitador debido aos contratos precarios que se lle facían.
  • Mantemento dos contratos cada dous meses aos especialistas, na vez de facer contratos de interinidade.
  • Cese da subdirectora de enfermaría.
  • Contratación dun técnico de laboratorio para o servizo de urxencias.

Nesta situación, CCOO, UGT, PROSAGAP E CIG-SAÚDE retoman as concentracións, será os martes ás 12.00 na entrada principal do Hospital e animan á veciñanza a participar “na defensa do noso hopital”.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here