IniciosociedadeMonforte ao día da súa metereoloxía e clima

Monforte ao día da súa metereoloxía e clima

O Concello e Meteogalicia colaboran para que os cidadáns poidan estar ao día, en tempo real, das condicións meteorolóxicas e climáticas no municipio.

Publicado o

- Advertisement -

Monforte contará con todos os elementos necesarios para que os seus cidadáns poidan coñecer os aspectos relacionados coa meteoroloxía da cidade. Instalarase unha Estación Meteorolóxica na Pinguela, na zona de céspede, xunto ás pistas de tenis. A estación entra a formar parte da rede de estacións meteorolóxicas de Meteogalicia e permitirá coñecer os datos climáticos reais de Monforte, de vento, de temperatura, de humidade e de radiación solar, información empregada diariamente por moitos usuarios para as súas actividades, para informes ou para xustificar danos nas propiedades ou nos cultivos por causas meteorolóxicas. O datos poderanse consultar a través da web de Meteogalicia www.meteogalicia.gal ou na súa APP.

Ubicación Estación Meteorolóxica / Concello de Monforte

Meteogalicia tamén instalará unha Cámara Web en Monforte, que permitirá obter imaxes en tempo real e poñelas a disposición do público na APP ou na páxina web, para que calquera persoa poida planificar as súas actividades persoais ou profesionais. A ubicación escollida para esta cámara é na cima do muro que rodea a Torre da Homenaxe, orientada cara os Escolapios.

Para completar as dotacións, colocarase unha Pantalla de información pública de Meteoroloxía e Calidade do aire, que dará conta, entre outras cousas, dos avisos ante fenómenos meteorolóxicos extremos ou posibles eventos da mala calidade do aire por contaminación. A ubicación da Pantalla vai ser na esquina dereita da Casa Consistorial, orientada cara a rúa e a Praza do Campo de San Antonio, onde remata a rampla de acceso lateral. Esta ubicación está pensada para a veciñanza en xeral e tamén para os peregrinos do Camiño de Inverno, dado que a ruta de peregrinación a Santiago pasa polo Campo de San Antonio na parte frontal do Concello.

 

Modelo Cámara Web / Concello de Monforte

Finalmente, o alcalde, José Tomé,  valorou moi positivamente este proxecto: “Creo que estas novas instalacións son un logro importante e colocamos as Monforte no mesmo ranking que o resto das cidades galegas”

 

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....