IniciosociedadeComezan as obras de mellora das rúas Juan Montes e Padre Feijóo...

Comezan as obras de mellora das rúas Juan Montes e Padre Feijóo de Monforte

O investimento das actuacións ascende a 108.682 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte segue adiante cos seus plans para mellorar diferentes rúas da cidade, desta volta, vanse realizar actuacións nas rúas Juan Montes e Padre Feijóo. Estas rúas contarán cunha nova capa de aglomerado en quente de 4 centímetros de espesor. O investimento desta actuación ascende a 108.682,27 euros, destinándose 87.964,43 euros á rúa Juan Montes e 20.717,84 euros á rúa Padre Feijóo.

Nesta última rúa acometeranse actuacións polo lado leste da vía férrea, nun tramo que vai desde o seu inicio á altura do paso a nivel de Río Seco ata a sé do Museo do Ferrocarril de Galicia. As actuacións consistirán no fresado do pavimento da súa parte inicial, así como no empalme coa rúa Viviendas de RENFE e as ramplas de varias das entradas a baixos existentes.  Procederase ao varrido de toda a superficie do pavimento existente por medios mecánicos. Levaranse tapas de pozos, arquetas, sumidoiros e demais elementos existentes na estrada, ata o novo nivel do pavimento. Para rematar, procederase ao pintado da vía, coa marcaxe das liñas, cebreados e símbolos correspondentes.

Na rúa Juan Montes, os traballos afectarána so tramo que vai desde o paso a nivel da liña de ferrocarril “A Coruña-Palencia”, ata o final do núcleo urbano delimitado polas NSP do Concello de Monforte de Lemos. Eliminaranse as ramplas de accesos a garaxes e plantas baixa, aplicarase un fresado das zonas de entronque coa rúa Dr. Fleming e cos demais camiños e rúas que enlazan coa vía (rúa Lor, do Pontillón,…), así como daqueles sitios onde existen resaltes ou engadidos sobre o pavimento. O resto de tarefas serán as mesmas que na rúa anterior.

En Juan Montes instalaranse, ademais 1 sinal de perigo “Paso a nivel con barreiras”, á altura do paso a nivel e 6 sinais de indicación de paso de peóns, tanto para o xa existente como para os dous novos que se marcarán.

ÚLTIMAS

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...