IniciosociedadeConcentración pola sanidade pública en Santiago, o día 10, con autobuses desde...

Concentración pola sanidade pública en Santiago, o día 10, con autobuses desde Monforte

S.O.S. Sanidade Pública convoca a tódalas plataformas, grupos políticos e sindicatos á manifestación deste domingo, día 10, ás 12.00 da mañá en Santiago de Compostela.

Publicado o

- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Monforte de Lemos informa desta convocatoria ante os “moitos problemas da sanidade” e poñen de exemplos “que non se aceptara unha comisión de investigación e se negara a posibilidade de declarar nela á maior parte das persoas propostas  polas distintas partes, os PACS en pé de guerra, a atención primaria reclamando respecto, presuposto e cobertura dos profesionais que foron quedando vacantes, e por último a anunciada folga de ambulancias a partir do vindeiro oito de febreiro”.

A Plataforma Sanitaria de Monforte convida aos veciños da Área Sanitaria xeográfica de Monforte a acudir con eles a Santiago na defensa da Sanidade Pública en xeral e do Hospital de Monforte. No caso concreto de Monforte fan a seguinte exposición de motivos:

  • Perdemos a Área Sanitaria de Monforte a pesar de que o Sr. Feijóo prometeu diante de luz e taquígrafos que a iamos manter. Temos que seguir a loitar para recuperala para asegurar o futuro.
  • Levamos tres anos  sen un DIXESTÓLOGO, acaba de haber concurso de traslados e nin sequera  se ofertou a praza. A lista de espera e vergoñenta.
  • Non se está a contratar o persoal necesario para dar a asistencia que todos merecemos.
  • Contratos os especialistas cada dous meses, así os imos perdendo como acaba de acontecer co médico rehabilitador.
  • Cobertura das prazas vacantes de Primaria.
  • Perda de postos de traballo lenta e progresiva…como a última de telefonista.
  • Mentiras continuas nos tempos de espera para especialidades tan importantes como Cardioloxía ou Neuroloxía. Temos denuncias de casos sangrantes.
  • Internistas pasando consultas de Dixestivo e Neuroloxía, sen informar o paciente deste feito.
  • Os Sindicatos,CCOO, UXT, PROSAGAP E CIG-SAÚDE veñen de anunciar novas concentracións todos os martes ás 12 horas para protestar polo trato denigrante desta Dirección e o incumprimento dos acordos, animando á veciñanza a participar “na defensa do noso Hospital”.

Desde a Plataforma sanitaria de Monforte aseguran que o futuro do Hospital de Monforte só se salvará se a cidadanía así o esixe e facilitan a participación na manifestación poñendo un servizo de autobuses que sairán do Parque dos Condes ás 9:45 h. pasando por Escairón ás 10:00h. (diante do Circulo Saviñao) e por Chantada ás 10:15h (diante do Cemiterio). Os autobuses regresarán ao rematar a manifestación.

Panfleto Manifestación

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...