90.000 euros para a estrada que une Martín con Bóveda

Este martes, día 12, o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, supervisou os traballos de mellora que se desenvolven nos 2,3 primeiros quilómetros da vía, LU-P-0905

Visita a estrada de Bóveda / Deputación Provincial

Esta estrada, ademais de comunicar Bóveda con Martín, atravesa os núcleos de Regulce, O Val e Bustelo, que tamén se verán beneficiados.

Coa achega da Deputación executáronse diferentes traballos para mellorar as condicións da estrada e incrementar a seguridade dos usuarios que a empregan: limpeza de cunetas, mellora do firme con aglomerado en quente, renovación da sinalización vertical e repintado da horizontal.

A Deputación tamén achega 11.500 á LU-P-0907, que vai de Teilán ao límite provincial, e comunica as localidades de A Parrocha, Souto e Remesar. O treito que se vai reformar corresponde aos primeiros 350 metros da vía e as obras comezarán cando as condicións meteorolóxicas así o permitan.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here