IniciosociedadeO 1 de maio comeza a xestión directa para os parques comarcais...

O 1 de maio comeza a xestión directa para os parques comarcais de bombeiros da provincia

Os parques comarcais de Barreiros, Viveiro, Vilalba, Chantada, Sarria e Monforte de Lemos pasarán a xestión directa na data en que rematan contratos, as empresas que agora mesmo os xestionan.

Publicado o

- Advertisement -

O Pleno do Consorcio Provincial para a Prestación do Servizo contra incendios e Salvamento de Lugo, integrado pola Xunta de Galicia e a Deputación, aprobou este martes, 12 de febreiro, por unanimidade, a xestión directa dos parques comarcais dependentes do organismo: Barreiros, Viveiro, Vilalba, Chantada, Sarria e Monforte de Lemos.

O modelo de xestión proposto polo Presidente da Deputación, Darío Campos, supón, segundo o organismo provincial, un aforro de 260.000 euros ao ano, a subrogación dos 117 profesionais que ofrecen este servizo e a mellora das súas condicións laborais.

Por exemplo, pasarán a ser considerados como profesionais de actividades de risco. Son 75 bombeiros, 36 cabos e 6 xefes de parque, que pasarán a ser persoal laboral dos parques que forman parte do Consorcio Provincial de Bombeiros: Viveiro, Vilalba, Barreiros, Monforte de Lemos, Sarria e Chantada. Desde a Deputación Provincial aseguran, que a esta medida se engade a equiparación salarial, conseguida no mes de xuño.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...