IniciosociedadeXornada sobre a factura eléctrica, bono social e medidas de aforro

Xornada sobre a factura eléctrica, bono social e medidas de aforro

Sesión informativa práctica en Lugo sobre o Bono Social Eléctrico, a factura da luz e as medidas de eficiencia enerxética, coa participación da Xunta de Galicia e a ‘Asociación Provincial de Amas de Casa e Consumidores Lucus’.

Publicado o

- Advertisement -

Na xornada, organizada polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia, tratouse o tema do subministro básico, o bono social e axudas complementarias e informouse así mesmo sobre os detalles da factura eléctrica e as medidas de aforro enerxético que poden adoptar os usuarios para diminuír os custos enerxéticos.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou nesta xornada xunto coa Asociación Provincial de Amas de Casa e Consumidores Lucus –na sede deste colectivo- e subliñou que “é imprescindible abordar medidas que garantan que todos os cidadáns poidan disfrutar deste subministro básico, o que está a ser unha prioridade para a Xunta de Galicia”.

Balseiro agradeceu a colaboración de entidades como a asociación Lucus que están acollendo estas sesións informativas en distintos puntos da provincia, sesións que “axudan a que a información chegue ás persoas interesadas”. Lembrou tamén que se ofrece información sobre a materia nas páxinas web do Instituto Enerxético de Galicia –Inega- e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, así como tamén nas oficinas da Delegación Territorial da Xunta en Lugo.

Respecto ao subministro básico, a Consellería de Economía, Emprego e Industria desenvolve unha liña de axudas complementarias ao bono social do Estado que intentan evitar que se produzan cortes de subministración eléctrica nos fogares galegos.

Galicia foi a primeira autonomía en ofrecer esta liña de apoios, dirixida aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social. Este ano incrementáronse en 50 euros a contía das axudas para compensar o aumento nos límites de consumo permitidos pola regulación estatal; “os apoios autonómicos, unidos aos estatais, permitirá que as familias con máis dificultades non teñan que pagar pola súa factura eléctrica”, recoñeceu José Manuel Balseiro.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...