IniciosociedadeA colleita de Ribeira Sacra a exame, o día 22 en Paradela

A colleita de Ribeira Sacra a exame, o día 22 en Paradela

Un panel de cata, integrado por 10 profesionais do sector, valorarán a añada 2018, despois de que o pasado ano, a do 2017 fora cualificada de Excelente.

Publicado o

- Advertisement -

A cita será ás 12.00 da mañá, no Centro Sociocultural de Paradela, subzona de Ribeiras do Miño. O carácter itinerante da cita levouna o pasado ano a Parada de Sil (subzona de Ribeiras do Sil), onde a colleita 2017 obtiña a valoración de EXCELENTE.

Integran o panel de cata:

  • Antonio Raluy,membro da Asociación Galega de Catadores
  • Mateo Seoane Corral, membro da Asociación Sumilleres de Gallecia
  • Argimiro Levoso Touceda, membro da Asociación Galega de Enólogos
  • Jesús Rodríguez Carreiras, membro da Asociación Vitislucus, Expertos en Análise Sensorial e Enoturismo e Profesor de Servicios en Restauración na Escola de Hostalería de Lugo “IES Sanxiallo”
  • Alfonso Losada Quiroga,experto en Análise Sensorial de Viños
  • Luis Díaz Álvarez,xornalista especializado
  • José María Martínez Alonso,membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
  • José María Martínez Matos, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
  • Juan Angel Martínez, membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.
  • Xesús Verao Pérez,membro do panel de cata do C.R.D.O.R.S.

O panel de cata valorará 10 mostras, 2 por subzona, Amandi, Chantada, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil. A recollida de mostras véñena facendo técnicos do C.R.D.O.R.S. desde o pasado día 8. O Consello Regulador organiza esta cata co fin de informar aos consumidores sobre a calidade dos viños que se van atopar no mercado. A primeira cata de calificación celebrouse no 1996, co resultado de “BOA”. Desde aquela, todas as cualificacións foron de “MOI BOA”, agás o pasado ano e no 2000, que foron “EXCELENTES”.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...