IniciosociedadeActividades de interese no sur de Lugo

Actividades de interese no sur de Lugo

Este sábado atopamos diferentes e variados eventos que poden encaixar nas axendas dos nosos lectores. Dende unha feira gastronómica en Sarria e un salón de eventos en Monforte ata unha interesante presentación literaria en Sober.

Publicado o

- Advertisement -

En Sarria hoxe celébrase o Fiporco, III Feira Internacional do porco e os seus produtos gastronómicos, e tamén o XI cocido do porco celta Comarca de Sarria. Unha mostra cos mellores embutidos e outros produtos da zona e un gran ambiente en toda a vila ao longo do día. Para maior información remitímosvos a este artigo de Xornal de Lemos.

Xa en Monforte de Lemos temos o ShowRoom Bodas & Eventos 2019 unha mostra que pretende inspirar e axudar aos noivos que desexen organizar a súa voda e, en xeral, a todo aquel que queira organizar un evento, como pode ser unha comuñón ou bautizo. A inauguración tivo lugar ás 13.00 h. no Restaurante Don Manuel e coa presenza do alcalde José Tomé Roca. O evento alongarase tamén á xornada de mañá.

No espazo que se habilitará neste restaurante haberá unha zona expositiva onde se exhibirán as últimas tendencias en traxes de noivos, de gala, comuñón e bautizo, complementos, pastelería, e outros servizos relacionados co sector.

De cara á tarde a proposta cultural que se recomenda é a presentación do libro Invisibles, da xornalista e escritora galega Montse Fajardo. Será hoxe ás 19:00 h. no Centro Sociocultural do Concello de Sober.

Organiza o acto a Asociación Cultural O Colado do Vento, entidade que busca con esta presentación un convite ao debate e á denuncia contra a violencia machista, para continuar a rachar co tabú social e coa invisibilidade do sufrimento das vítimas.

Invisibles, o terceiro libro da xornalista Montse Fajardo, traza os relatos de sete mulleres vítimas de violencia machista, casos reais de sete mulleres que sufriron distintos tipos de maltrato cos que se busca visibilizar esta realidade. A obra foi adaptada ao teatro e está xirando por Galicia da man de Redrum Teatro con notable éxito. Aquí podedes ver as vindeiras datas desta obra teatral en Galicia.

‘Invisibles’ de Montse Fajardo. Foto: M. F.

 

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa de Galicia que eu descubrín”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...