O PP organiza este mércores día 27 unha charla informativa sobre o plan de actuación no Hospital de Monforte

A cita, aberta a toda a veciñanza, será no restaurante Don Manuel de Monforte a partir das 20.00 horas, para afondar no anuncio de investimento de 15 millóns de euros feito pola Consellería de Sanidade.

Hospital de Monforte. Foto cedida.

No acto participarán, ademais do alcaldable popular, Miguel Lemos; a deputada autonómica, Encarna Amigo, e o médico Alejandro Sousa. O candidado do PP á alcaldía de Monforte sinala, “Creo que é bo que os monfortinos saiban que as obras comezarán nos vindeiros meses e que un dos servizos que máis se verá beneficiado é o hospital de día, no que reciben quimioterapia os doentes oncolóxicos”.

Segundo os populares, a Xunta de Galicia pretende aplicar as mesmas reformas que está a levar a cabo nos últimos anos na rede sanitaria pública galega, entre as que se inclúe o impulso da asistencia ambulatoria e a mellora das condicións de ingreso dos doentes.

Miguel Lemos destaca que as obras non alterarán o funcionamento dos servizos. Comezarase por anatomía patolóxica, farmacia e o hospital de día; tres áreas nas que os traballos que a Consellería prevé executar rematarán antes de que remate o ano.

Para o popular, o anuncio desta inversión no Hosppital de Monforte, “non é unha cuestión menor, pois demóstrase que os Gobernos do PP si que teñen en conta as reivindicacións dos monfortinos”. “Os feitos son os que dan e quitan razóns, polo que, estes días coa visita do Sr. Almuíña, todos aqueles argumentos esgrimidos por algúns quedaron totalmente sen valor algún”, sinala.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here