IniciosociedadeUn entroido con moitas actividades infantís no Saviñao

Un entroido con moitas actividades infantís no Saviñao

O Concello do Saviñao ten un amplo programa de actividades relacionadas coa celebración do entroido. Escairón será o epicentro pero en Currelos tamén hai cousas programadas.

Publicado o

- Advertisement -

Para esta tarde, co gallo do xoves de comadres,ás 17:00 h. haberá xogos populares para rapazas e rapaces e xa ás 19:00 h. será a ‘Queima das comadres’. Ambas actividades realizaranse na Carpa da Praza España de Escairón.

Queima de compadres. Foto: Concello O Saviñao

O venres 1 de marzo, haberá festa rachada para os máis pequenos ás 16:30 h. no Centro Sociocultural de Currelos con merenda, maquillaxe infantil, cotillón e xogos.

Pensando xa no domingo, día 3 de marzo e no mesmo lugar, o Centro Sociocultural de Currelos, a Anpa CEIP Currelos organiza unha tarde de contos sobre o entroido a cargo de Caxoto Contacontos e a continuación unha merenda para os nenos/as. Esta actividade ten un prezo simbólico de 2 euros para costear os gastos da organización.

Este mesmo día, pero xa en Escairón, está programada unha ‘gran festa infantil de entroido’ no Pavillón a partir das 17:00 h. e con entrada de balde. Haberá desfile de disfraces e photocall, festa con baile, atraccións, inchables, touro mecánico, circuíto de ezzy roler, globoflexia e personaxes da televisión. E como complemento a todo o anterior a opción de repoñer forzas con ‘perritos’, palomitas e chocolate con churros.

Como remate ás actividades ‘entroideiras’ o martes día 5 de marzo ás 17:00 h. terá lugar o desfile de comparsas e disfraces individuais. Aqueles que queiran optar a premio deberán inscribirse previamente –antes das 14:00 h. do 4 de marzo chamando ao teléfono do concello, 982 452061-. A continuación, ás 18:30 h. actuará a Charanga Ardores e o Dúo Camelia. Como fin de festa, pancetada ás 19:00 e entrega de premios ás 20:30 h. Para os premios o Concello do Saviñao destina case arredor de 1.800 euros.

Martes de Entroido 2018. Foto: Dúo Camelia

Destacar tamén que a entidade cultural Círculo do Saviñao súmase ás celebracións de entroido cun baile de disfraces o sábado dia 2 de marzo a partir das 24.00 h. e amenizado polo Grupo Fama.

ÚLTIMAS

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...

Bóveda construirá un miradoiro astronómico na Serra de Penas

O obxecto desta intervención consiste na creación dun miradoiro específico e especializado para observar...

Detido por tenencia e distribución de pornografía infantil despois dunha denuncia na Comisaría de Monforte

As xestións practicadas por parte da Comisaría de Monforte de Lemos arroxaron que o...