IniciosociedadeComo celebra Monforte o 8M?

Como celebra Monforte o 8M?

O Concello de Monforte e o Centro de Información á Muller (CIM) organizan diversas actividades que se desenvolverán ata xuño, para celebrar o Día Internacional da Muller

Publicado o

- Advertisement -

O día 8 de marzo celebrarase a Marcha pola Igualdade, con saída ás 12.30 da explanada da Compañía ata o Concello. O día 11 de marzo de 11.30 a 13.00 no salón de actos do Centro Cívico Social visionarase o conto, “Genoveva González Prieto, unha muller para o 8 de marzo e entregaranse exemplares ao alumnado de primaria asistente.

O 13 de marzo terá lugar a XII Charla de prevención da saúde na muller: “Mulleres e saúde cardiovascular: Cincentas do corazón?”. A cita será ás 20:00 horas na Casa da Cultura Lois Pereiro, a cargo de Mª Reyes Pérez Fernández, profesora doutora da E.U. de Enfermería de Ourense.

O 14 de marzo presentarase o III Plan de Igualdade de Oportunidades de Monforte de Lemos. Será ás 12.30  no Salón de Plenos do Concello de Monforte. Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o día 14 ás 20.00 representarase no Edificio Multiusos, “30 e tantos ósos” de Aporía Escénica.

O venres 15 de marzo, o IES A Pinguela acollerá os obradoiros “Autodefensa Feminina” e “Novas masculinidades”, dirixidos a alumnas e alumnos de 1º de BAC, despois de que xa desenvolveran no IES Río Cabe e no IES Daviña Rey.

E desde o 5 de marzo ata o 25 de xuño celebrarase no Rincón Finca El Carmen, unha actividade de educación emocional con cabalos. Esta actividade está dirixida a un grupo pechado de usuarias do CIM.

Actividades Día da Muller

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....