Día da Muller, 8M no sur de Lugo

Día da Muller nas comarcas de Quiroga, Sarria, Chantada e Lemos, unión para reivindicar igualdade.

3M en Lugo / Galegas8M

A ONU declarou no 1975, o día 8 de marzo como Día Internacional da Muller. Escolleuse este día porque o 8 de marzo do 1857 miles de traballadoras textís saíron ás rúas de Nova Iork en protesta polas súas condicións laborais, converténdose nunha das primeiras manifestacións da historia para reivindicar os dereitos da muller.

Desde a manifestación do pasado día 3 en Lugo, a celebración está en marcha, este venres todos os concellos e colectivos a favor da igualdade desenvolven actividades. No Concello de Monforte celebrarase a Marcha pola Igualde que sairá ás 12:30 horas da Praza da Compañía ata o Concello, onde se levará a cabo unha concentración en prol da igualdade de mulleres e homes, e lerase o Manifesto por parte da Concelleira de Igualdade, Marina Doutón. Tras a lectura do manifesto, o acto rematará coa interpretación en directo da canción Ni una menos, GRÍTALO!  a cargo da súa autora, Alexandra Pérez Prieto.

Desde o CIM e a Concellería de Igualdade, convidan a toda a cidadanía a participar e fan un chamamento a todos os establecementos comerciais e hostaleiros para que realicen un peche na franxa horaria de 12.30 a 13.30 horas, que represente a modo simbólico un rexeitamento das desigualdades que sofren as mulleres.

No Concello de Sarria celebrarase o día 9, a II Carreira da Muller ‘Vivas e Visibles’, como xa publicou Xornal de Lemos.

No Concello de Quiroga o acto principal será mañá coa VI Cea de Confraternidade entre mulleres en homenaxe ás mulleres da comarca de Quiroga e Ribas de Sil. A cita ás 21:30h no Rego Gastrobar.

No Concello de Chantada, entre outras actividades, terán o día 8 ás 12.00 na Praza de Galicia, concentración, lectura de manifesto e parladoiro posterior, no edificio dos sindicatos. Esta e outras actividades organízaas durante este mes, Polamiúda. Este xoves proxectouse o documental “Tódalas mulleres que coñezo”, con presentación da directora, Xiana Teixeiro. O día 23 proxectarase ás 19.15h no Auditorio Municipal, a curta “Feminazi” á que acudirá a súa directora, Diana López Varela.

Polamiúda é unha asociación composta por mulleres nativas de Chantada e migrantes residentes na mesa que traballa pola inclusión da perspectiva de xénero, a igualdade e o respecto á diversidade en todo o que aconteza na contorna.

Que fan os homes o 8 de marzo? Artigo de opinión de Xornal de Lemos

Ilustración: Xosé Manuel Fdez

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here