O Colexio de Sober consegue o distintivo Biblioteca Escolar Solidaria

A biblioteca do centro educativo foi a única da provincia en obter o distintivo de "Biblioteca Escolar Solidaria"

CEIP Virxe do Carme de Sober / Google Maps

O selo de calidade do programa “Biblioteca Escolar Solidaria” adquirido polo Colexio Virxe do Carme de Sober vai dirixido a aqueles centros escolares que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades entre os distintos intregrantes da comunidade educativa e fomenta o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar.

Distintivo que acredita á bibilioteca do CEIP Virxe do Carme/Concello de Sober

Para poder obter este distintivo, o CEIP Virxe do Carme tivo que cumprir 3 requisitos: propiciar valores de xustiza e solidariedade, contar con alumnos do centro voluntarios para a iniciativa e ter familias que colaboraran no proxecto de forma desinteresada.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here