A Ribeira Sacra fronte ao cambio climático

A casa da cultura do Concello de Pantón acolle esta tarde a partir das 18.00, as xornadas sobre cambio climático e as enfermidades do viñedo, que organiza o GDR Ribeira Sacra-Courel.

Vendima na Ribeira Sacra / XdL

Abrirá a Xornada o Presidente da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, que abordará, A situación da D.O. Ribeira Sacra: O seu futuro. Seguiralle Vicente Sotés, Catedrático de Viticultura e Vicepresidente da Organización Internacional de la Viña y el Vino, que analizará como vai afectar o cambio climático á produción de uva e se é necesario cambiar cas castes na Ribeira Sacra.

Leonor Ruíz García, Investigador do IMIDA, Instituto Murciano de Investigación y Desarrollo Agrario, falará da mellora xenética como resposta ao cambio climático e as enfermidades oídio e mildiu. Reflexionará sobre se é posibles facer viño con castes sen facer tratamentos fitosanitarios.

A Investigadora do EVEGA, Estación de Vilticultura e Enoloxía de Galicia,  Emilia Díaz, profundizará nas castes galegas recomendadas para facer viño na Ribeira Sacra e se é necesaria unha alternativa á Mencía.

A xornada completatase cunha mesa redonda de todos os participantes que estará moderada polo enólogo, Alfonso Losada, que tamén se encargará da cata de viños coa que se pecha a actividade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here