IniciosociedadeLoitemos por unha soa raza: A raza humana

Loitemos por unha soa raza: A raza humana

Na mañá deste xoves, 21 de marzo, conmemorouse en Monforte o Día Internacional contra o Racismo e a Xenofobia.

Publicado o

- Advertisement -

As familias de etnia xitana do poboado das Lamas reivindicaron ás Administracións públicas, ós colectivos e sociedade en xeral o recoñecemento e respecto dos seus dereitos, mediante a  lectura dun manifesto baixo o lema “Loitemos por unha soa raza: A raza humana”.

O acto tivo lugar na rúa Cardeal de Monforte de Lemos ás 12:30 da mañá e contou coa presenza de Gloria Prada, 1ª Tenente de Alcalde de Monforte e Concelleira de Facenda, Réxime Interior, Servizos Sociais e Discapacidade.

O obxectivo deste acto, protagonizado polas familias das Lamas, era sensibilizar á poboación sobre as situacións de discriminación que sofren e concienciar para que as diferencias culturais non sexan unha barreira para a inclusión na sociedade.

Acto contra o racismo / Concello de Monforte

Proxecto Vivenda 10

O Concello de Monforte desenvolve desde novembro de 2016 o “Proxecto Vivenda 10”, que ten como finalidade promover a inclusión social e mellorar as calidade de vida das familias de etnia xitana que actualmente residen nas Lamas, a través do  apoio técnico e acompañamento personalizado por parte dunha educadora que facilite o proceso de realoxo a unha vivenda normalizada, así como actuacións de mediación intercultural.

O proxecto está prorrogado ata novembro de 2019 e enmarcase dentro do Programa de Inclusión Social de colectivos con dificultades de integración social e  está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e cofinanciado Fondo Social Europeo 2014-2020.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....