Medio Rural prohibe as queimas agrícolas e forestais

O aumento fóra do normal dos lumes nesta época do ano e a previsión de calor levaron á Consellería a emitir este comunicado que implica unha orde de obrigado cumprimento.

Lume no monte. Foto: Prensa Medio Rural

Dende este luns, e ata novo aviso, quedan prohibidas as accións de queima relacionadas co sector agrario e forestal en toda Galicia.

A medida implica, ademais, que os permisos xa concedidos quedan en suspenso. As comunicacións e autorizacións de queima que fosen realizadas con anterioridade quedarán invalidadas dende o día de hoxe. Información ampliada no Galicia Confidencial.

 

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here