Xornadas 1809: os franceses en Monforte

O Concello de Monforte e a Asociación Amigos Patrimonio de Lemos, organizan estas xornadas que teñen por obxectivo conmemorar os sitios de Monforte no seu 210 aniversario.

Presentación das Xornadas / Concello de Monforte

Este ano cúmprense 210 anos dos 3 asaltos a Monforte polas tropas francesas. No mes de xuño, coincidindo co terceiro sitio (do 4 ao 11 de xuño) ao que someteron os franceses á cidade de Monforte, celebraranse 2 conferencias arredor desta temática, que correrán a cargo de Margarita Rodríguez Otero y José Fernando Navas Ramírez-Cruzado. Previamente a estas conferencias, celebraranse 9 ciclos de charlas nos centros de ensino monfortinos, que correrán a cargo de Felipe Aira.

Nas crónicas de guerra contra o invasor, Monforte non aparece coma un escenario de enfrontamentos entre dous exércitos, pero sufriu 3 asedios nos que se contabilizaron máis mortes que noutras batallas que si adquiriron fama. O primeiro sitio en Monforte, que tivo lugar o 18 de xaneiro de 1809, case coincidiu coa famosa batalla de Elviña (16 de xaneiro); o segundo sitio, acaecido o 20 de abril, coincide tamén coa batalla no Casal de Eirigo (27 de abril); e o terceiro, entre o 4 e o 11 de xuño, sucede simultaneamente coa batalla de Ponte Sampaio (do 7 ó 9 de xuño).

En Monforte creouse unha das primeiras Xuntas de Defensa de Galicia, dirixida polo abade do Mosteiro de San Vicente do Pino, frei José Beda Peña. O Batallón de Monforte foi o primeiro en loitar en Galicia contra os franceses, sendo a primeira rexión de Europa en sacudirse a ocupación napoleónica; seguiría loitando ata 1814. Ambos organismos foron eloxiados polos seus contemporáneos con entusiasmo; pero hoxe nada os lembra na cidade. E con estas e outras actividades que se irán dando a coñecer preténdese rescatar do esquecemento aqueles feitos e a aquelas persoas.

Cartel / Concello de Monforte

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here