IniciosociedadeMercado sobre o Medievo e presentación do programa da Feira Medieval

Mercado sobre o Medievo e presentación do programa da Feira Medieval

O Concello de Monforte organiza esta fin de semana o “Mercado para a Medieval 2019” no espazo para feiras da Praza de Abastos. Ofreceranse produtos e servizos para axudar á ambientación da Feira Medieval e o alcalde aproveitará para presentar a programación completa do evento.

Publicado o

- Advertisement -

Aproveitando a proximidade da Feira Medieval e o espazo para encontros comerciais temáticos das instalacións do Mercado de Abastos de Monforte, os días 6 e 7 de abril haberá un bo escaparate de propostas para a ambientación medieval.

Os establecementos participantes ofrecerán produtos e servizos para facilitar a decoración de locais, a confección de traxes medievais, complementos para a caracterización, etc.

O sábado día 6 ás 12:00 h. o Alcalde de Monforte, José Tomé, presentará en rolda de prensa no propio mercado o programa oficial da Feira Medieval 2019 no que se incluirá xa toda a información relativa a horarios, localizacións das diferentes actividades e todos os demais aspectos de interese sobre a feira tanto para os monfortinos/as como para os visitantes.

Este Mercado Medieval, previo á Feira Medieval dos vindeiros 20 e 21 de abril, contará con 16 postos nos que haberá traxes medievais para nenos/as e adultos, complementos en calzado, olería tradicional, artesanía en coiro, cestaría, barbaría, bixutería, solucións de decoración elaboradas por floristerías da vila, etc.

Así mesmo, presentarase un panel con menús e tapas que se servirán en diferentes restaurantes e cafeterías da cidade durante a Feira Medieval cuxos pratos e tapas estarán ambientados no Medievo.

actividades paralelas

O sábado día 6 ás 17:30 h. haberá un obradoiro de contacontos para os máis pequenos/as, a cargo de Anxo Moure. O obradoiro é de balde e admite só a 20 nenos/as que deberán anotarse previamente.

Anxo Moure no Mercado da Praza de Abastos / XdL

Este mesmo día, a partires das 19:00 h., e dentro das propias instalacións da Praza de Abastos, terá lugar o Desfile Medieval. Un pase de modelos para que  os asistentes podan apreciar fermosos traxes, peiteados e maquillaxe acordes coa época medieval. Como detalle a subliñar cómpre dicir que os diferentes traxes e complementos reflectirán escalas sociais e personaxes da época: Damas e cabaleiros, nobres, plebeios, nenos e nenas…

As pastelerías e panaderías de Monforte presentarán neste mercado temático unha exposición de doces, pasteis, biscoitos e tortas inspiradas na época medieval. Estes mesmos establecementos  participarán no concurso, “A polo mellor doce…” no que os visitantes probarán e avaliarán o mellor doce votando a un gañador que se dará a coñecer o domingo día 7 asignándoselle ao mesmo o mérito ou recoñecemento de “Mellor Doce Medieval 2019”.

Os horarios do mercado son, sábado de 11:00 a 14:00 h. pola mañá e de 17:00 a 21:00 h. pola tarde, e domingo de 11:00 a 14:00 h.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...