IniciosociedadeSarria vístese de Antigüidades e Monforte prepárase para a Medieval

Sarria vístese de Antigüidades e Monforte prepárase para a Medieval

Durante esta fin de semana celébrase en Sarria a XXIV Feira de Antigüidades e Restauración San Lázaro. En Monforte a Praza de Abastos acolle o Mercado Medieval como antesala da Feira Medieval que se celebrará na fin de semana do 20 e 21 de abril.

Publicado o

- Advertisement -

A cita de Sarria, que se desenvolve nos expositores situados na Rúa do Porvir, tamén coñecida como Rúa dos Anticuarios, pola cantidade de establecementos que se localizan nela, e na Rúa Marqués de Ugena,  ten horario ininterrumpido de 11.00 a 8.00. Pódense atopar pezas de colección, antigüidades, xoias, libros, discos, mobles, obxectos etnográficos, arte e todo tipo de obxectos de decoración.

Durante as dúas xornadas a oferta cultural amplíase con exposicións, actividades para nenos, actuacións e pasarrúas, concertos ou demostracións de artesanía. A Asociación Sarricanta mostrará as súas tallas en madeira, e a Asociación Ceramolóxica Galega Canaveira modelará pezas de cerámica, ademais, de expor os seus traballos. O programa de promoción da artesanía do CentrAD organiza, tamén, unha demostración de elaboración de Xoguetes, que terá lugar este sábado sábado.

Mercado Medieval Monforte

Entre tanto o Mercado Medieval de Monforte celébrase en horario de 11.00 a 14.00, sábado e domingo e o sábado ademais, en horario de tarde, de 17.00 a 21.00. Cóntase con 16 stands nos que haberá traxes medievais, olería tradicional, artesanía en coiro, complementos, cestería, bixutería, decoración… Diversos Paneis Expositivos amosarán diferentes estilos decorativos para todo tipo de mesas e espazos e presentarase un Panel con Menús e Tapas que se servirán en diferentes restaurantes e cafeterías da cidade durante a Feira Medieval. Cóntase con Exposición de doces, pasteis, biscoitos e tartas inspirados no Medievo e un concurso no que os visitantes do Mercado Medieval votarán o mellor doce. O domingo día 7 darase a coñecer o gañador do concurso baixo o título de “Mellor Doce Medieval 2019”. Nesta xornada de sábado celébrase tamén o Desfile Medieval ás 19:00 h e contarase con Contacontos námbalas dúas xornadas.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...