IniciosociedadePregón e concerto de María do Ceo na XXXIX Feira do Viño...

Pregón e concerto de María do Ceo na XXXIX Feira do Viño de Amandi

A fadista será unha das protagonistas desta celebración que exalta os viños desta subzona da D.O. Ribeira Sacra esta fin de semana en Sober. 24 adegas ofrecerán os seus mellores caldos a público especializado e visitantes.

Publicado o

- Advertisement -

Tras unha chea de actividades enmarcadas no “Mes do Amandi” chegan dous días grandes de festa para Sober e as adegas do concello, 13 e 14 de abril.

A apertura oficial terá lugar este sábado día 13 ás 12:00 h. e a encargada de facelo, xunto coas autoridades, será a Adega Don Bernardino. Este momento ten un marcado carácter simbólico pois aproveitarase para lembrar ao fundador desta adega, falecido o pasado ano, Bernardino Rodríguez.

Inicio, pois, do evento e 24 adegas da subzona Amandi dispostas a presentar ao público os seus mellores caldos, de gran calidade segundo informaron catadores do Consello Regulador.  Sober é o concello da D.O. Ribeira Sacra que máis adegas ten, un total de 35 na actualidade, e esta feira resulta importante para elas tanto para facer contactos profesionais como para comercializar viño. O recinto feiral destaca pola espectacular carpa que se emprega cada ano e pola ambientación musical que terá durante toda a fin de semana grazas á participación de charangas e grupos de música tradicional.

Montaxe da carpa xigante que cubrirá o recinto feiral. Foto: Concello de Sober

O sábado pola tarde, a partir das 18:30 h. actuará a Banda de Música de Sober e ás 20:00 h. María do Ceo ofrecerá un concerto no Auditorio do Centro Sociocultural. Xa pola noite, na sesión de concertos, este ano actuarán a formación Sr Jingles do Barco e, como non, recuncan os Gin Toni’s.

Sr. Jingles con Alberto Espín. Foto: Ramiro

Xa o domingo, a apertura de postos está prevista para as 10:30 h. co disparo de 24 bombas de palenque, unha por cada colleiteiro participante.

A Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural está prevista para as 11:30 h. e a continuación a Misa de Domingo de Ramos na Igrexa de Sober.

Ás 12:30 h. faise a recepción oficial de autoridades na Casa do Concello e a continuación actuará a Banda de Música de Sober. Todo o anterior como antesala ao pregón que ofrecerá María do Ceo sobre as 13:00 h. Despois da súa intervención farase a entrega de premios e xa pola tarde máis música de rúa e ás 19:30 h. fin de festa coa orquestra Los Satélites.

Durante os dous días da feira o escultor Eugenio Linares fará unha espectacular exhibición de talla con motoserra nos xardíns da Praza do Concello e haberá diferentes postos de artesanía, alimentación, xoguetes, ocio infantil, etc.

Feira do Viño de Amandi 2018. Foto: Concello de Sober

A programación completa e as adegas participantes na web do Concello de Sober.

ÚLTIMAS

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....