O viño é o sector agroindustrial máis exportador de Galicia

Reunión da Xunta co sector do viño para avanzar no Plan de dinamización territorial das 5 denominacións de orixe de Galicia.

Xuntanza sector do viño / Consellería de Medio Rural

As consellerías de Medio Rural, Economía e Cultura e Turismo consesúan, cos representantes dos consellos reguladores vinícolas e das ruta do viño,  os obxectivos principais do futuro plan de dinamización territorial. Segundo o Conselleiro do Medio Rural, José González, a suma de esforzos mellorará o posicionamento dos viños galegos no seu conxunto e reforzará a oferta turística das súas zonas de produción.

O plan vai desenvolver unha serie de actuacións que se basean na elaboración de indicadores socioeconómicos, dende os demográficos ata os relacionados co emprego ou o valor engadido, entre outros. Tamén se fará un estudo da cadea de valor do viño e do sector turístico, así como unha análise pormenorizada do patrimonio natural, cultural e paisaxístico.

O sector do viño en Galicia implica a máis de 13.000 viticultores e máis de 460 adegascon máis de 9.200 hectáreas de viñedos que producen uns 64 millóns de quilos de uva ao ano, o que supón un valor estimado de máis de 206 millóns de euros no mercado. O viño é o sector agroindustrial máis exportador, no 2018 vendéronse máis de 77.700 hectolitros ao mercado exterior, facturando 39 millóns de euros.

Estratexia Galicia Sabe

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, fixo fincapé na destacada posición que ocupa a enogastronomía no modelo turístico galego, a través da Estratexia Galicia Sabe.

O obxectivo é impulsar un modelo de desenvolvemento sustentable e responsable, facilitando a aproximación entre o sector primario e o turismo, potenciando o turismo rural cun modelo desestacionalizado e comprometido co medioambiente e o territorio, a través de cinco liñas estratéxicas. Entre elas, atópase o recoñecemento e protección á cultura gastronómica de Galicia; a estimulación do coñecemento, a formación e o I+D+i; o impulso de produtos e liñas de traballo de turismo enogastronómico; a renovación do marketinge a comunicación; e a creación dun modelo de gobernanza.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here