IniciosociedadeGastronomía e deporte, antesala á Feira do Viño de Quiroga

Gastronomía e deporte, antesala á Feira do Viño de Quiroga

O VIII Quiroga de tapas e a XV Carreira popular “Feira do Viño” son dous dos eventos xa clásicos que se desenvolven na semana previa á 'finde grande' dos viños de Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

No concurso de tapas deste ano, que se prolongará ata o venres 19, participan 13 establecementos dedicados á restauración que presentan as súas mellores creacións para dinamizar a hostalería quiroguesa nunha semana na que a poboación aumenta pola volta de familiares e a visita de turistas.

Os locais participantes terán a disposición dos clientes unhas cartillas, “tapacartóns” para votacións e tamén unhas urnas. Cada vez que o consumidor deguste a tapa nalgún dos establecementos adheridos, estes deberán selarlle a carta de votación na casiña correspondente ao seu establecemento. De tela xa selada, por darse a situación de que repita local, o dono debe ofrecer outro cartón e selalo tamén.

Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón e introducindo o mesmo nas urnas oficiais do concurso, localizadas en todos os establecementos participantes.

Non será válida ningunha cartilla de votación que non conteña selo de todos os establecementos participantes, o seu voto escrito de forma lexible, e un nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emite o voto.

A tapa presentada ao concurso, estará a disposición do público consumidor nun número suficiente e razoable de unidades ou porcións, en horario de 12:00 a 14:30 e de 19:00 a 22:30 horas.

Tapa do local ‘O Roxo Vivo’. Foto: Organización

Este ano o concurso modernízase e entra no mundo das aplicacións móbiles. Os que o desexen poden descargar de balde a APP “QuedamodeTapas”. Esta plataforma está deseñada para a promoción de eventos gastronómicos e permite aos usuarios visualizar a información relativa ao concurso de tapas e tamén compartir a experiencia e fotos das tapas que están a degustar, a través das redes sociais. A aplicación está dispoñible tanto para IOS como para Android buscando “QuedamosdeTapas” ou usando o código QR que aparecerá no cartel do evento nos locais participantes e no facebook de QUIROGA.

premios

Nesta oitava edición hai moitos premios para incentivar a participación, premios para os clientes que completen o circuíto e emitan o seu voto á mellor tapa e premio para o establecemento gañador.

Os clientes participantes poden optar a un premio de 300 euros en metálico; unha estancia e almorzo para dúas persoas na Hospedería Ferrería de Quintá; unha estancia para catro persoas na Aldea Rural “O Busto” (Pobra de Brollón); varias comidas, ceas ou almorzos para dúas persoas en diversos establecementos de Quiroga e comarca; ou un lote de productos típicos da zona por xentileza de Caurelor, Lar de Ricobao, Porvide, Deiki, Don Cosme, Atrium Vitis, Cervexa Curriña e o Rego Natura.

No que respecta aos establecementos adheridos ao concurso, o gañador da mellor tapa da presente edición recibirá 100 euros e unha placa conmemorativa.

locais participantes

A Pedra: “Arroz negro con calamares e alioli”.
Adega da María: “Cristal transparente”
Ruxe-Ruxe: “Xatecomo”
Ferreiriño: “Mar e horta”
As Palmeras: “Boliñas”
Casa Torres: “Polo crocante con froitos vermellos”
Chapakuña 3: “Paquetiños de delicias”
O Roxo Vivo: “Pé de porco recheo de boletus con pataca panadeira en salsa de mencía con froitos vermellos”
O Rego Gastrobar: “Courel Mountains”
Quiper: “Nido de pasta”
Taberna: Gambón en salsa de pementa negra”
Bar Lago: “Turnedor ó queixo de Cabrales”
Félix: “Corazón de pataca con solombo en viño branco acompañada de champiñóns en salsa de cebola caramelizada”.

…e despois das tapas, deporte

O día que remata o concurso de tapas, o 19 de abril, ten lugar a XV Carreira popular “Feira do Viño”, organizada pola Área de Deportes do Concello de Quiroga. Un evento deportivo que cada ano vai a máis e que congrega a numerosos/as participantes de Quiroga e de fóra. A saída para as categorías de menores terá lugar das 16:15 ás 16:30 h. e a carreira absoluta comezará ás 17:00 h.

Carreira Popular ‘Feira do Viño’. Foto: Deportes Quiroga

Unha carreira clásica de Semana Santa que ten a singularidade da data pois é  a única que se corre en Venres Santo pola tarde en Galicia e España.

Ademais de por este dato, destaca tamén polos dous tramos que transcorre: o tramo do paseo do Río Quiroga e Río Sil, caracterizado pola tranquilidade e a beleza da contorna, e o tramo que pasa pola Rúa Real, arteria principal do Val de Quiroga, na que os corredores senten o calor e ánimos dos quirogueses e visitantes que ateigan a vila na súa festa máis importante, a Feira do Viño.

Para inscricións o prazo remata o mércores 17 ás 14:00 h. e a formalización faise a través desta web.

ÚLTIMAS

‘Volta ao xogo’: o novo single dos chantadinos TIAM Gz

Tras dous anos sen sacar temas, neste 2024 a banda de Chantada TIAM Gz...

Curso de ‘alquimia herbal’ en Torbeo, Ribas de Sil

Os e as amantes das plantas, e do seu poder medicinal, teñen a vindeira...

Rebaixan a pena dun veciño de Monforte condenado por violación

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo rebaixou, en aplicación da lei do...

O IES Río Cabe no centro da cultura financieira

Durante a xornada contouse coa visita da directora xeral de Ordenación e Innovación educativa,...