IniciosociedadeAs aldeas desaparecen e os políticos 'aparecen'... cada catro anos

As aldeas desaparecen e os políticos ‘aparecen’… cada catro anos

A Galicia interior esmorece e as parroquias quedan sen xente, aquí non se nos escoita como nas mobilizacións que se están dando pola "España Baleirada" pero o problema é moi grave. O rural agoniza e os políticos semella que só se achegan ás aldeas na campaña electoral, promesas e boas intencións e ata dentro doutros catro anos.

Publicado o

- Advertisement -

Aldeas como Paradapiñol, na parroquia de Vilarmel, no concello de Quiroga, tiña 14 habitantes en 2013, segundo o IGE -Instituto Galego de Estatística- e actualmente, segundo conta Ángeles Varela a Efe “só hai dúas casas habitadas”, cun total de sete persoas e “ningún neno desde hai moitos anos“.

Esta mesma veciña achaca este problema á “falta de traballo” e láiase tamén afirmando que “se non chega xente nova, nuns anos todas estas aldeas estarán deshabitadas”.  A información completa en Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...