IniciosociedadePablo Chiapella, viños colleiteiros e moita música en Quiroga

Pablo Chiapella, viños colleiteiros e moita música en Quiroga

Bota a andar a XXXVII edición da Feira do Viño con 4 colleiteiros e 2 colleiteiras ofrecendo os seus mellores caldos, o encontro Celtibérico de Bandas de Gaitas e un pregoeiro mediático pero “moi paisano”.

Publicado o

- Advertisement -

Todo listo nesta mañá de sábado, 20 de abril, para comezar unha edición máis da exaltación dos viños caseiros de Quiroga, un certame vitivinícola que ten por costume dar protagonismo aos pequenos colleiteiros prescindindo da presenza de adegas profesionais.

Os colleiteiros/as deste ano con posto na feira son:

Iria Carballedo González, de San Vitorio.

Gaspar Álvarez Nogueira, das Medas.

Secundino Rodríguez Sobrino, de Toucedo.

Elías González Mourelo, de Carballo de Hospital.

José Luis Rodríguez Lago, de San Xulián de Abaixo.

María Oliva Cao Expósito, de Bendollo.

Tras a recepción de autoridades na Casa do Concello ás 11:45 h. procedeuse á inauguración do recinto feiral a cargo da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Dona Ángeles Vázquez Mejuto. Desde as 12:00 h. estase a desenvolver o Encontro Infantil do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas con desfile pola Rúa Real, arteria de comunicación principal da vila, para unha posterior actuación conxunta na Praza de España. Este ano o encontro homenaxea a Manuel Méndez Silvelo, gaiteiro de Outeiro.

Presentación do Certame Celtibérico en Santiago. Foto: Xunta Galicia

Pola tarde, ás 17:00 h. amenizará o recinto feiral o Grupo de Gaitas Alecrín e ás 19:00 h. está programado o Festival de Música no Auditorio Municipal. Actuarán a Coral Polifónica de Quiroga, o Grupo de Gaitas Alecrín e os Grupos de danza San Martiño e Arume da Queiruga. Aproveitarase o acto para facer entrega de premios do “Certame de Cartas de Amor Vila de Quiroga”.

Xa pola noitiña, ás 20:30 h. Pablo Chiapella Cámara, coñecido actor e ata non hai moito presentador do programa “El paisano” de TVE, dirixirase aos veciños/as e visitantes para exaltar as bondades de Quiroga e dos seus viños, que coñecendo a súa faceta cómica irá máis polo monólogo que polo pregón. Presentará este momento o xornalista Xosé Manuel Orriols.

A continuación, festa popular coa orquestra Grupo Atenas e entrega de premios do IX Concurso de Camisetas Feira do Viño no propio palco.

Para o domingo 21, máis animación musical, neste caso centrada no recinto feiral, co Grupo de Gaitas local O Recanto durante a mañá. Ás 12:45 h. entrega de trofeos aos colleiteiros/as.

Pola tarde, a partir das 18:00 h. actuación da charanga Fuego que poñerá música ao recinto feiral ata o fin de festa.

ÚLTIMAS

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...

Campionato de España de Taekwondo, o 4 de maio no Pavillón da Pinguela de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo técnico de Deportes do Concello,...