InicioSucesosDetidos en Monforte por tráfico de drogas, tres membros dun clan familiar

Detidos en Monforte por tráfico de drogas, tres membros dun clan familiar

A Policía Nacional detivo a tres persoas dun clan familiar, formado por dous irmáns e a parella dun deles, por un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas na zona de Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo informou a Policía Nacional, os investigadores iniciaron as pescudas hai uns meses, cando un veciños lles informaron de que uns individuos podían estar vendendo cocaína en Monforte.

Estas dúas persoas supostamente realizaban as vendas da cocaína “distribuíndoa directamente, desde os seus domicilios ou a bordo dos vehículos, contactando cos consumidores-clientes en diferentes puntos da cidade”, relataron as mesmas fontes.

Con toda a información e as probas solicitadas, detívose a tres persoas; os irmáns pasaron a disposición xudicial e a muller quedou en liberdade con cargos.

Os axentes realizaron os correspondentes rexistros domiciliarlos, nos que interviron 200 gramos de cocaína e 600 gramos de sustancia de corte, así como útiles para manipulación da sustancia estupefaciente. Tamén se interviñeron xoias valoradas en 7.000 euros, diñeiro en efectivo e un libro de rexistro con anotacións de envíos ao seu país de orixe por un total de 14.000 euros.

No operativo participaron o Grupo Local de Seguridade Cidadá da Comisaría Local de Monforte de Lemos e Guías Caninos da Xefatura Superior da Coruña.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...