Os dous accidentados no sinistro de Sober seguen hospitalizados

No día de onte, domingo 16 de xuño, unha saída de vía saldábase con feridas de gravidade para condutor e acompañante dun pequeno turismo.

112 Emerxencias Galicia

O vehículo no que viaxaban, saíuse da estrada á altura do Cruceiro da Igrexa de Vilaescura, ao redor das doce do mediodía deste pasado domingo.

Diante da gravidade das lesións sufridas pola ocupante, o 061 -Urxencias Sanitarias- mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tras tomar terra no lugar dos feitos, trasladou a esta ferida ao HULA, segundo informou o 112 Galicia. O condutor do vehículo, que tamén resultou ferido, foi trasladado en ambulancia polo persoal sanitario ao Hospital Comarcal de Monforte de Lemos. Ata o lugar do sinistro desprazáronse os axentes de tráfico, bombeiros de Monforte e efectivos de Protección Civil.

Os dous lesionados, ambos de Sober, seguen ingresados. Do condutor sabemos que está fóra de perigo e dela, que reviste máis gravidade, non temos datos máis concretos neste momento.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here